martes, 23 de abril de 2019

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

O Día Internacional do Libro é unha conmemoración  celebrada a nivel internacional para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor. A nivel internacional é promulgado pola UNESCO, que o fixo por primeira vez en 1995.
Por que se celebra neste día?
Porque o 23 de abril de 1616 morreron tres escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

jueves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.

A pesar de todos os avances, neste ano 2019 aínda hai pouco que celebrar, pero moito que reclamar: o fin da discriminación, que se erradiquen as violencias machistas, que se alcance a igualdade salarial, a universalización dos coidados, a libre elección...




miércoles, 9 de enero de 2019

SADAKO E A LENDA DAS 1000 GRÚAS

Sadako Sasaki tiña apenas dous anos cando caeu unha bomba na súa cidade, Hiroshima. Unha década despois, por mor da irradiación que lle produciu a bomba, foille diagnosticada leucemia. Cando estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a lenda xaponesa das 1.000 grúas de papel. Consiste en que se tes un enorme desexo e elaboras as mil grúas con origami (papiroflexia), os deuses concederancho.
É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non o logrou porque faleceu cando, en outubro de 1955, levaba 644. Simbólicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguíse a paz entre todos os países do mundo. Tres anos despois da morte de Sadako, os nenos e nenas de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua dela cunha grúa na súa man (está no Parque da Paz).





domingo, 16 de diciembre de 2018

BO NADAL E ANINOVO!


Toda a comunidade educativa deséxalles unhas "Felices Festas", acompañadas de boas lecturas.

A lectura é unha ferramenta básica para vivir unha boa vida.
          Joseph Addison

sábado, 24 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 50/134 do 17 de decembro de 1999 tomou o acordo de celebralo este día. A proposta foi realizada pola República Dominicana e contou co apoio de 60 países.
A razón do por qué levou a República Dominicana esta proposta foi que nun día como ese, o 25 de novembro de 1960, asasinaron as irmás Mirabal, tres activista políticas dominicanas, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.


Recursos do CEIP Isaac Peral.

.Propostas didácticas do STEG.

Educar en igualdad - Material educativo.

6 recursos para celebrar o Día Conta a Violencia de Xénero.

Recursos en igualdade e prevención da violencia de xénero.






miércoles, 17 de octubre de 2018

SAMAÍN 2018


Samaín significa fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura celta o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Neses días reunianse nos camposantos para comer o porco de samaín e celebrar as victorias dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: crían que esa noite viñan as animas dos mortos a visitalos.

Para apartar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto dos muros as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña.
De aquí, vén a tradición europea de facer caveiras na cortiza das cabazas.


  

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. A tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval  outonal.
   
Recursos para o Samaín da Biblioteca do CEIP MESTRES GOLDAR